· A entrada será gratuíta e será obrigatorio o uso de máscara sanitaria.
A pista de Feás acollerá mañá, sábado 11 de setembro ás 20:30 horas, a representación de ‘A Tropa do Doutor Milagre’ de Intenvi Teatro, un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre.
O elenco está composto por Bea Campos, Marcos Alonso e Paulo Medal, con escenografía de Sr. Sagüillo e vestiario de Ali Otero. Terá unha duración aproximada de 45 minutos.
A entrada será gratuíta e será obrigatorio o uso de máscara sanitaria. Por protocolo COVID-19, será necesario facilitar os datos antes de tomar asento. O aforo cubrirase por estrita orde de chegada.