_Impulsar servizos innovadores; deseñar grandes proxectos sectoriais; fomentar a transferencia de coñecemento; propiciar a colaboración público-privada e instrumentos de financiamento; crear postos de traballo; captación de investimentos; favorecer a internacionalización; proporcionar recursos, formación e asesoramento; así como fomentar hábitos saudables, obxectivos fundamentais
_O deporte galego representa o 2,5% do PIB de Galicia, cun volume anual de negocio que ronda os 1.600 millóns, e que e que xera arredor de 12.000 postos de traballo
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de manter unha xuntanza de traballo coa campioa olímpica de Elliot 6 metros nos Xogos de Londres, Sofía Toro, na súa condición de nova xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, acompañada polo presidente da entidade, Miguel Valín.
Este encontro entre secretario e xerente representa un novo paso dun traballo intenso que tivo o seu inicio neste 2021 coa constitución do Clúster e significa un importante fito de cara a profesionalización da entidade. Nas verbas do mandatario galego, “estamos no momento axeitado para reivindicar a industria do deporte e para sacar peito da nosa fortaleza, pois o deporte galego ten un importante peso na economía galega e estamos ante o momento de visibilizalo”.
Tanto o secretario xeral como a xerente do Clúster coincidiron nos obxectivos fundamentais da entidade como impulsar a posta en marcha de servizos innovadores, de calidade e sostibles; deseñar grandes proxectos sectoriais; fomentar a transferencia de coñecemento; propiciar a colaboración público-privada e a posta en marcha de instrumentos de financiamento; crear postos de traballo; fomentar a captación de investimentos; favorecer a internacionalización; proporcionar recursos, formación e asesoramento: así como fomentar hábitos saudables.
O deporte galego representa o 2,5% do PIB de Galicia, cun volume anual de negocio que ronda os 1.600 millóns, e que e que xera arredor de 12.000 postos de traballo.