Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Padrón presenta a oferta de actividades das escolas deportivas municipais para o curso 2021/2022


O prazo de matrícula abrirase o luns 13 de setembro para as persoas empadroadas en Padrón. A partir do 20 de setembro, abrirase para o resto

O Concello de Padrón presenta a oferta de actividades nas escolas deportivas municipais para o curso 2021/20202, que terá lugar do 27 de setembro ao 21 de xuño. A matrícula abrirase o vindeiro luns 13 de setembro, para persoas empadroadas en Padrón, e o 20 de setembro, para o público en xeral. Unha matrícula que poderá formalizarse na oficina de deportes do Centro Social do Concello de Padrón, no teléfono 664 07 69 74 ou no correo deportespadron@yahoo.es.

As escolas deportivas inclúen na súa oferta: motricidade, ximnasia rítmica, baby basket, fútbol sala, baloncesto, atletismo, tenis, xadrez e patinaxe artística. As persoas maiores de 14 anos poderán elixir actividades como cardiofit, cardio-mix, fit bike, hipopresivos, pilates, tenis, tono, ximnasia de mantemento, espalda saudable, ioga-relaxación, xogos populares, camiñatas e GAP. Moitas destas actividades, teñen distintos niveis de dificultade e esforzo.

En relación ás cotas para o curso 2021/22: os escolares de 3 a 16 anos aboarán 40 euros; a mocidade de 17 a 25, 50 euros; e as persoas adultas (de 26 ou máis) pagarán 60 euros. Unha vez realizado o pago da matrícula, pódese asistir a varias actividades. A anotación realizarase por rigorosa orde de inscrición.