Un grupo de sendeiristas percorreron a mañá do pasado sábado, 4 de setembro de 2021, o río Ulla, no Concello de Touro, na ruta ambiental ‘Polas ribeiras do Ulla: de Ponte Basebe ao río Lañas’ organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Gdr Ulla Tambre Mandeo. Nunha mañá asollada, os sendeiristas percorreron a beira do Ulla en Touro, que conta con paixases espectaculares e con exemplos de elementos patrimoniais etnográficos e culturais. Partiron de Ponte Basebe e foron guiados por persoas expertas, encargadas de mostrar a gran variedade de especies de flora e fauna da ribeira do Ulla.