Saturday 16 de November de 2024

Comezo das obras de pavimentación da rúa Xosé Ramón Barreiro na cidade de Riveira


O Concello de Riveira informa de que hoxe deu inicio unha nova actuación consistente na pavimentación da rúa Xosé Ramón Barreiro, no tramo situado entre as rotondas coñecidas como da poutada e da serea, moi preto do barrio de Abesadas.

A superficie a asfaltar cunha mestura bituminosa en quente é de 1.930 metros cadrados. Ademais, nunha área de 550 metros cadrados será necesario fresar previamente ao atoparse nestes momentos lixeiramente afundida con respecto á cota da calzada.

A empresa executora da obra é Canarga, S.L.. O seu importe, 34.795,47 euros.