Friday 22 de November de 2024

A Rede Galega de Praias Sen Fume creada pola Xunta abrangue 26 praias na provincia da Coruña con categoría Oro


— Esta Rede, nacida en 2016, conta con outros nove areais de 4 concellos recoñecidos coa categoría prata con polo menos a metade da súas praias con este distintivo

— Neste ano ascenden a 2 os concellos coruñeses, Bergondo e Pontedeume, que acadaron o diploma de ouro, que acredita ter declaradas sen fume de tabaco todas as praias do municipio

O delegado da Xunta n.a Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitaron a praia de Boa Grande unha das recoñecidas co distintivo creado pola Xunta de Galicia de Praia sen Fume. O representante do Goberno galego destacou que Noia é xunto con Rianxo os dous concellos da comarca do Barbanza que contan con este recoñecemento na súa categoría oro por ter todos os seus areais sen fume.

Na comarca da Coruña contan con este distintivo as praias de Bergondo, en Ferrol os areais de Pontedeume Cedeira e Mañón e na comarca de Bergantiños e Costa Morte alcanzaron este recoñecemento os areais de Cabana de Bergantiños, Corcubión, Dumbría, Laxe e Ponteceso. Os concellos que se incorporaron este ano neste listado por primeira vez foron Bergondo e Pontedeume.
A Rede Galega de Praias sen Fume acada este ano un total de 26 praias da provincia de 11 concellos coruñeses contribuíndo a promover unha vida sen tabaco, desnormalizar o seu consumo e tamén coidar o medio ambiente.

Esta Rede naceu no ano 2016, con apenas 26 praias adheridas, como un programa da Xunta de Galicia cun fin educativo e de sensibilización social, recalcando a importancia da conduta dos adultos ante os máis pequenos, como figuras modélicas que son. O obxectivo é que a mocidade saiba que o normal é non fumar e avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco, ao obxecto de converter este entorno en educativo e preventivo.

O obxectivo da Xunta é conseguir que, nos vindeiros anos, todas as praias galegas formen parte da rede. Este programa, no que Galicia é pioneira a nivel estatal, ten sido incorporado posteriormente por outras comunidades autónomas como Murcia en 2018, Andalucía, Asturias, Baleares e a Comunidade Valenciana en 2019 ou o País Vasco neste ano 2021.

As ultimas cifras de prevalencia na nosa comunidade autónoma (SICRI 2018), indican que o 16,8% da poboación galega fuma diariamente e, no grupo dos nosos mozos de 16-24 años, fano o 12,7%. Lograr que estas cifras baixen nos próximos años, aumentando a porcentaxe entre a poboación moza que non comece a fumar, é un obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia.

Diplomas de ouro e prata

O diploma de ouro da Rede Galega de Praias sen Fume distingue a aqueles concellos que teñen a totalidade das súas praias adheridas a este programa, que busca poñer en marcha accións que impliquen a participación activa da sociedade para sensibilizar á poboación ante estes consumos de risco para a saúde.

Por outra banda, o diploma de prata acredita a aqueles concellos que teñen polo menos a metade das súas praias declaradas sen fume. Contan con esta acreditación na provincia da Coruña os concellos de Camariñas, Fene, Ortigueira e Cabanas con 9 areais en total libres de fume.

Nas praias sen fume non se pode fumar na zona do areal, quedando excluídas as zonas ao aire libre dos locais de hostalería situados nelas. Non existe vixilancia, nin sanción para o incumprimento, é unha elección voluntaria e persoal seleccionar unha praia sen fume como lugar de ocio, e polo tanto o seu cumprimento é unha responsabilidade persoal conseguindo así a participación activa da sociedade.

Pertencer á rede compromete ao concello a seleccionar praias que estean incluídas no censo oficial, colocar toda a sinalización e materiais de difusión facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública e desenvolver no concello actividades ou accións encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco como actividades arredor do día mundial sen tabaco (31 de maio), soporte para actividades levadas a cabo no ámbito escolar, charlas dirixidas a poboación sobre os beneficios de non fumar ou organización de “Grupos para deixar de fumar” para fomentar e facilitar o abandono de tabaco.