A piscina municipal do Concello de Touro, ubicada na rúa Castelao de Fonte Díaz, despediu onte, día 31 de agosto, a tempada de verán. Os veciños e veciñas de Touro desfrutaron das instalacións durnate o mes de xullo e agosto, en horario de 15.00 a 20.30 horas. Durante os dous meses que estivo aberta aplicáronse as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias no referente á Covid19.