• Carmen Méndez será a encargada de inaugurar ás 21 horas no local Xente Nova de Tabeaio.
• Seguirana Quico Cadaval, Paula Carballeira, Sergio Pazos e Pepo Suevos.
• É necesario reservar entrada previamente na Casa da Cultura.
O Concello de Carral iniciará este venres, 3 de setembro, a oitava edición do seu ciclo ‘ Noites de monólogo’, que leva a cabo no local Xente Nova de Tabeaio.
Todos os monólogos serán ás 21 horas e a encargada de inaugurar o ciclo este venres é Carmen Méndez con ‘ Outras químicas’. O vindeiro venres, 10 de setembro, será a quenda para Quico Cadaval con ‘Vacas, guerras, porcos e cregos’. O venres 17 Paula Carballeira con ‘Mulleres que viven soas’. Seguiraa Sergio Pazos, o venres 24, con ‘ Contaxiándonos de humor’ e, por último, o sábado 25, Pepo Suevos clausurará o ciclo con ‘ Falade galego, rapazada… é unha pasada!!!’.
Para asistir a estes espectáculos é necesario reservar entrada previamente na Casa da Cultura, teléfono 981 672 580.