O Concello de Abegondo despediu esta mañá o programa municipal de conciliación de fronte ao novo curso, coñecido como ‘Aula lúdica’ e no que se deron cita un centenar de nenas e nenos.
Os máis pequenos e pequenas puideron gozar de actividades psicomotrices, relacionadas co mundo do deporte e tamén artísticas.
Contou cun horario de tarde, de 16.30 a 20.00 horas, nos días lectivos e de mañá, de 8.30 a 14.30 horas, nos non lectivos.