O piloto Javier Ramilo é o vencedor do IV RallyMix Concello de Touro que se disputou durante este fin de semana nas estradas de terra e asfalto da parroquia de Loxo, no Concello de Touro. O piloto da escudería YaCar Racing, gañador tamén do III RallyMix Concello de Touro disputado no 2019, logrou a victoria o domingo, 29 de agosto, tras a saída de pista na cuarta manga de Abel Jurado, piloto asturiano que pechou a xornada do sábado, 28 de agosto, como líder da proba valedeira para o Campionato de Galicia RallyMix 2021 e un dos principais favoritos. Javier Ramilo ‘Kobas’ aventaxou en 12.5 segundos a Daniel Remuñán, da escudería Yacar Racing, que aos mandos dun YacarCross, ocupou o segundo lugar na clasificación final dunha proba que contou con numeroso público chegado de toda Galicia. Jacobo Andújar, da escudería Estradense, co seu Kincar ocupou o terceiro lugar. O piloto de Touro David González, que representou á Escudería Touro Motor cun Kincar, quedou no puesto 14º na clasificación xeral.
Pola súa banda, na categoría de turismos, Marcos Canedo, da escudería Agrupación Deportiva Noroeste e cun Peugeot 206 N5, foi quen de aguantar a presión de José Fernández Gay, que tivo unha espectacular saída de pista, na que afortunadamente tanto él como o seu copiloto, Juan Brun, non sufriron danos. A peor parte levouna o VW Polo GTI R5 de AR Vidal Racing. A segunda plaza da Clase B (carrozados) foi para Tino Iglesias, de Desgüace Tino Racing, que co seu Ford Fiesta N5 superou a Manuel Osorio, da mesma escudería, que quedou en terceira posición con Peugeot 208 R5.
As dúas xornadas do IV RallyMix Concello de Touro durante o fin de semana aportaron espectáculo nas estradas que conformaron o circuito na parroquia de Loxo. Participaron casi 70 pilotos nesta proba organizada pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo, da Xunta de Galicia e do Concello de Touro e valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2021. Trala proba fíxose entrega dos premios e trofeos aos mellores nun acto celebrado na Casa de Cultura de Touro presidida polo alcalde en funcións, Jesús Martínez Pereira, e pola concelleira de Educación, Cultura e Deportes, Adela Iglesias. Jesús Martínez Pereira felicitou á Escudería Touro Motor e ao seu presidente, José Ramón González Villar, “polo seu bo facer” na organización da proba que foi un “espectáculo único” e que se celebrou baixo todas as medidas de seguridade. Destacou tamén “o comportamento impecable” dos afeccionados que se achegaron ata Touro para desfrutar do IV RallyMix Concello de Touro.