O Concello de Abegondo abre este mércores, 1 de setembro, o prazo para solicitar a participación nos cursos de galego e linguaxe administrativa.
Esta actividade, de carácter formativo, presenta un nivel de formación medio e superior, sendo estes preparatorios para a consecución dos certificados CELGA nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
A marxe para presentar solicitudes estenderase ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre, que van de outubro a xaneiro, e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022 para os cursos do segundo cuadrimestre, que se celebrarán desde febreiro ata maio.
Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello, no teléfono 981 64 79 96.