• Veñen de rematar as catro quendas que se programaron para os campamentos de tempo libre e as actividades acuáticas.
O Concello de Camariñas clausurou os seus campamentos deportivos de verán, nos que participaron un tal de 200 nenos e nenas, e que se dividiron enn dúas modalidades: actividades acuáticas e obradoiros de tempo libre.
Dividíronse en catro quendas: do 5 ao 19 de xullo, do 20 de xullo ao 2 de agosto, do 3 ao 16 de agosto e do 17 ao 30 de agosto. Todas foron en horario de mañá, de 10 a 13:30 horas, e leváronse a cabo seguindo un estrito protocolo COVID, que será de obrigado cumprimento.
Os participantes realizaron actividades como: iniciación ao windsurf, ioga infantil, kaiak, vela, educación medio ambiental, paddle surf, recollida de lixo… e sobre todo, pasárono moi ben!