Friday 22 de November de 2024

Ordes congrega a milleiros de persoas para desfrutar do seu Sábado de piñata


Trátase dunha das edicións máis concurridas con más de 500 participantes chegados de varios puntos das provincias de A Coruña e Pontevedra

Protagonistas de banda deseñada e películas infantís, faraóns chegados de Exipto, mariachis, labregos, seres das profundidades do mar, diablesas de infarto e ata pezas de roupa a medio lavar. As rúas de Ordes viron desfilar neste Sábado de piñata a todo tipo de personaxes, seres e fantasías ante a atenta mirada de milleiros de veciños, veciñas e visitantes.
Tras o percorrido de rigor pola vila onde a cor, a música e a diversión foron o máis característico, o Campo da Feira acolleu o concurso de disfraces. Este ano hai que falar dunha das edicións máis concurridas ao contar con preto de medio cento de inscricións vidas de lugares como Santiago, Arteixo, A Laracha, Ames, Pontevedra, Carral, Melide e outras localidades da comarca ordense. Todo elo traducíuse en máis de 500 participantes en total, que hoxe deron o mellor de sí para volver a situar o Entroido de Ordes como o mellor da comarca e un dos máis vistosos de toda a provincia.
Chegado o momento e ante un público que enchía o Campo da Feira sen querer perder un só detalle, cada un dos inscritos nas categorías individuais, comparsa ou carrozas deron o mellor de sí. Xa fosen adultos ou menores ofreceron o seu espectáculo e deleitaron a todos e todas coas súas coreografías e postas en escena. Todelo con un único fin, o de acadar o primeiro posto e levar o mellor premio. Nesta ocasión, na que ademais tamén se ofreceron premios á simpatía e categorías especiais para os participantes do municipio, entregáronse máis de 4.000. O Concello contou para elo co patrocinio e a colaboración de empresas do municipio como a asesoría Jaime Castro e seguros Reale.
E en medio de todo isto hai que recoñecer o ánimo e ilusión coa que a veciñanza de Ordes vive este Sábado de piñata, acudindo disfrazados a disfrutar desta cita aínda sen participar no concurso ou no desfile. É máis, foron moitos e moitas os que posteriormente extenderon a celebración e dilataron a festa ata ben entrada a madrugada nos pubs e locais de ocio nocturno da vila.