Saturday 16 de November de 2024

O ferrolán Roue Bouza Santiso, leva o 9º Torneo de Xadrez de verán de Carral


O xogador do Círculo Ferrolán de Xadrez, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda.

Dentro da programación municipal de verán, o Concello de Carral organizou este sábado 28 de agosto a 9ª edición do Torneo de Xadrez de Verán.

Esta competición, que se disputou no pavillón municipal de Espiño, reuniu a 26 xogadores afeccionados a este deporte. Os participantes dividíronse en 4 categorías ( sub-10, sub-14, absoluto e mellor local). A competición iniciouse ao redor ás 16.30 h e constou de 6 roldas de 10 min. por xogador cun incremento de 3 segundos. A sexta e última partida terminou ás 19.40 h, tras a cal Roque Bouzas Santiso (Círculo Ferrolán de Xadrez) proclamouse campión absoluto do torneo, xusto por diante de Miguel A. Santiago Pereira (do club Xadrez Marín) e Noel Casares Pedride (Ames).

En canto á categoría sub-14 o triunfador foi Daniel Méndez Rey (do Arteixo 4º na xeral). A segunda posición da categoría foi para Sergio Vilacoba (do club Carballo), e terceira foi Noa López Freira (do club Xadrez Marín).

Por último, en canto á categoría sub-10, o campión Unai Casares Pedride (de Ames). A segunda e terceira posición da categoría foron para Christian Noya (do Club Xadrez Oroso) e Simón García.

En canto ao trofeo ao mellor xogador local recaeu sobre Hugo Piña Insua (categoría Sub-14).