Negreira anuncia que o párking, de 230 prazas, ábrese hoxe ao público e será de acceso gratuito as 24 horas do día durante a súa primeira semana en funcionamento, ata o venres 27 de febreiro incluído
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, visitou esta mañá o barrio do Agra do Orzán, onde se abriu ao público tanto o aparcamiento subterráneo situado xunto ao mercado das Conchiñas -que será de uso gratuito durante a súa primeira semana en funcionamento, ata o venres 27 de febreiro incluído-, como a praza, na que se han acometido traballos de reurbanización para convertela nun “lugar de convivencia”, nun espazo dinamizador da zona, máis aberto e máis accesible para todos os veciños.
“Con este proxecto quixemos dar maior calidade como espazo urbano para que poida ser compartido por todos, nenos e maiores especialmente; un novo espazo público que vai a acompañado dun aparcamiento de 230 prazas, unha vella demanda histórica de todo o barrio desde fai 20 anos e que esperamos que contribúa a dinamizar a actividade económica tanto dos placeiros como do comercio do área das Conchiñas”, destacou o alcalde coruñés.
Negreira asegurou que é unha ?satisfacción? para o actual equipo de goberno lograr a ?recuperación? deste espazo para os coruñeses e, sobre todo, para os veciños das
Conchiñas. O obxectivo do Concello foi crear un lugar de convivencia, á vez que se recupera a imaxe de zona verde desta céntrica praza do Agra do Orzán.
O proxecto incluíu a urbanización da praza -que conta cun deseño máis moderno e aberto e que favorece o acceso ao mercado, ademais de dispoñer de xogos infantís, áreas biosaludables e vegetación- e de todos os viales da súa contorna, así como a construción dun aparcamiento subterráneo baixo a propia praza con 230 prazas -45 máis que na proposta inicial para atender así as necesidades do barrio- distribuídas en 114 prazas en réxime de rotación no primeiro sótano e 116 en réxime de concesión e para aluguer de abonados no segundo.
Dentro desta aposta pola recuperación económica do barrio e a dinamización da actividade comercial, Negreira tamén anunciou que o Goberno municipal decidiu que desde hoxe e ata o vindeiro venres 27 de febreiro incluído o acceso ao aparcamiento sexa totalmente gratuito durante as 24 horas do día.
O alcalde subliñou o compromiso demostrado polo Executivo local co barrio do Agra do Orzán, onde se investiron 14 millóns de euros en diferentes proxectos. “Forma parte do noso obxectivo de mellorar todos os espazos públicos e responde á política deste Goberno municipal de que todos os barrios estean na mesma posición; en todos os barrios realizáronse investimentos e en todos creouse un espazo público para a dinamización da zona”, engadiu Negreira.
AGRA DO MUNDO
O alcalde da Coruña aproveitou a súa visita ao barrio do Agra do Orzán para achegarse ao segundo dos catro mercadillos que hoxe se celebra nas Conchiñas, dentro do programa Agra do Mundo, unha iniciativa vinculada ao Plan Urbana C, cofinanciado con fondos europeos. En total, son 25 postos, a maioría de artesanía, música e gastronomía.
“Consiste nunha clase práctica da formación teórica que recibiron os inmigrantes que participan nesta iniciativa que busca a maior inclusión social posible, dándolles ferramentas para que desenvolvan mellor o seu traballo”, explicou Negreira. A través do proxecto Agra do Mundo, o Concello busca favorecer a multiculturalidad, a actividade e a diversidad comercial do Agra do Orzán, promoviendo a inclusión da poboación inmigrante no barrio.