Friday 22 de November de 2024

A rapazada de Touro xa está desfrutando en Ribadeo dos Campamentos de Verán 2021


Un grupo de rapaces e rapazas do Concello de Touro, dos oito aos 16 anos, xa están desfrutando dos Campamentos de Verán 2021. Onte partiron cara a Mariña de Lugo desde a sede do Concello de Touro, onde foron despedidos por Adela Iglesias, concelleira de Educación, Cultura e Deportes. O Campamento de Verán, que terá lugar no Campamento Xuvenil A Devesa, en Ribadeo, desenvóvese do 26 de agosto ao 4 de setembro. Durante estes días os rapaces e rapazas de Touro poderán desfrutar de actividades e xogos e tamén poderán achegarse ata as praias de Reinante e As Catedrais, que están a unos 100 metros do Campamento ubicado na parroquia de A Devesa, en Ribadeo.