O concelleiro felicitounos por conmemorar as exploracións dos seus compatriotas rusos nos últimos 200 anos con esta viaxe arredor do mundo, en que incluíron A Coruña como escala
O concelleiro Jesús Celemín recibiu esta mañá no consistorio a tripulación da expedición Russian Ocean Way: Eugeni Kovalevsky, xefe da expedición; Stanislav Berezkin, capitán do trimarán; Yulia Kolyuzhnaya, directora da Sociedade Xeográfica Rusa; e Pedro Mouriño, cónsul honorario da Federación de Rusia, que están dando a volta polo mundo para emularen a ruta dos primeiros mariñeiros rusos. A tripulación aproveita a viaxe de dous anos para realizar actividades formativas, culturais e científicas, así como un exercicio de achegamento e intercambio cos países en que recalan. O edil manifestoulles, en nome da alcaldesa, Inés Rey, que “nos alegra ser partícipes desta iniciativa” e que o feito de elixiren A Coruña para facer escala, “significa que somos un porto referente do noroeste peninsular”. Celemín felicitounos por conmemorar con esta expedición todas as exploracións dos últimos 200 anos e, en concreto, a que capitaneou Bellingshausen cando descubriron a Antártica: “Cómpre valorar o pasado para seguir avanzando no presente e proxectar un futuro onde os países convivan en harmonía”