Thursday 21 de November de 2024

Malpica avoga por un modelo híbrido para coidar o medio ambiente impulsando tamén as axudas a causas sociais


• Baixo a iniciativa Corazóns solidarios a Administración local instalou catro novos colectores con esta forma nas rúas do municipio.

O Concello de Malpica, a través das concellarías de Medio Ambiente e Servizos Sociais, continúa coa súa firme aposta polo coidado do medio á par que impulsa axudas a causas sociais.

Recentemente instaláronse catro novos colectores baixo a denominación de Corazóns Solidarios, que funcionarán como recollida de tapóns de plástico e lle darán tamén outro aspecto ás rúas malpicás.

Lembramos que ao longo do termo municipal xa se instalaran diante do Centro Cívico, a carón da parada de taxis, na entrada do CEIP Xoaquín Rodríguez Otero e no parque García Alén, de Buño.