DOMINGO 29
Xeorruta por Mina Piquito
10:00-11:50h (Grupo 1)
12:10-14:00h (Grupo 2)
10€
Prosegue o programa municipal de xeorrutas encadrado nas accións de dinamización do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. Este domingo ofrécense dúas novas oportunidades de entrar nas galerías de Mina Piquito, en Santa Cruz. Trátase dun xacemento de cobre que se explotou até finais dos anos 60 e que aínda garda no seu interior restos da actividade mineira -vías, trabes, etc. Porén o que máis destacan son as estalagmitas e estalactitas de azuis e verdes de grande viveza que constitúen un dos espeleotemas máis rechamantes do noroeste peninsula.
Esta ruta está ten un custe de 10 euros, que deberán satisfacerse de maneira anticipada (no formulario de inscrición indícase como). No percorrido, por cuestións de seguridade, só poderán participar maiores de 11 anos e en grupos de como máximo 10 persoas.
O de Mina Piquito é o percorrido xeolóxico máis curto de todos cantos se ofrecen este verán no ámbito do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. A entrada na mina farase en dous grupos, un a iso das 10:00h e outro a partir das 12:10h. No momento de publicar esta información había prazas dispoñibles en ambos. As reservas poden facerse neste formulario: https://goo.gl/9oVX8Y
Teatro no castelo de Moeche: “O castelo non é para nós”
12:30h – Primeira representación
16:30h – Segunda representación
“O castelo non é para nós” é unha obra a medio camiño entre a historia e o humor interpretada por Raquel G. Crespo e Yago Espasandín -ademais da colaboración do técnico de Turismo, Ramón Carballeira-, que se representará na fortaleza de San Xurxo este 29 de agosto cunha sesión de mañá (12:30h) e outra de tarde (16:30h).
É obrigatorio reservar entrada chamando ata o venres ao 981 404 006 ou enviando un correo a turismo@moeche.gal. Os pases teñen fixado un prezo xeral de 5€ -2€ menores de 6 anos- e haberá que retiralos na taquilla do castelo minutos antes de cada representación.
Co billete de acceso tamén se pode aproveitar para visitar as distintas dependencias da fortaleza e o Centro de Interpretación das Revolucións Irmandiñas, onde segue instalada a exposición Galicia con Exín Castillos que desde hai uns días conta cunha reprodución da propia fortaleza modestina.