• A Concellería de Educación e Medio Ambiente organiza este traxecto con diversas paradas de observación e as actuacións musicais de Icía Varela e Cecilia Burillo.
• As inscricións poderán realizarse no Centro Cívico, a través do teléfono 981 707 104 ou enviando un correo a anton.noceda@malpicadebergantinos.es.
O Concello de Malpica, a través da Concellería de Educación e Medio Ambiente, organizou unha ruta paisaxística por Nariga para o vindeiro venres 27 de agosto.
A saída realizarase desde a fonte de Anselmo Villar Amigo, en Malpica, ás 19:00 horas. Será un percorrido en autobús con paradas na Costa, no miradoiro dos Picos de Navás, no miradoiro de Pardavela, na fortificación das Barreiras e con remate no faro de Punta Nariga.
As persoas que desexen participar poderán desfrutar dunha visita ós numerosos gravados medievais que se atopan nestas localizacións. Ademais, Icía Varela interpretará con voz e pandeireta diversas pezas nos miradoiros dos Picos de Navás e no de Pardavela.
A cita rematara cun concerto de violonchelo a cargo de Cecilia Burillo en Punta Nariga coincidindo co solpor. Ofreceráselle ás persoas asistentes, ademais, unha degustación de chocolate e roscón para finalizar a visita.
As inscricións poderán realizarse no Centro Cívico en horario de 9:00 a 13:00 horas, a través do 981 707 104 ou no correo anton.noceda@malpicadebergantinos.es ata o venres 27 de agosto ás 14:00 horas. Deberase indicar o nome, DNI e teléfono de cada solicitante. As prazas estarán limitadas a 15 persoas.