Proseguen as actividades culturais no Cantón da Leña. Ao abeiro do Verán Cultural, no martes 24, ás 20.00 horas, Assircópatas ofrecerá con Abracadaver unha función de circo terroríficamente divertida. Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.
E adscrito ao programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia, Fantoches Baj achegará no xoves 26, ás 20.00 horas, Os romeiros do caracol, que relata a historia dos irmáns Quintá que percorren o camiño de volta de Santo Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a Santo Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas.
Ámbalas actividades son de balde e as prazas cubriranse por orde de chegada ata cubri-la cabida.