Esta ausencia de “decoro” tivo lugar esta mañá durante a celebración da presentación do conto “Xela, a redeira” na lonxa do Porto malpicán.
O PSOE de Malpica condena a falta de respecto institucional por parte da Xunta de Galicia ao non cederlle a quenda de intervención ao alcalde, Walter Pardo, no acto desta mañá na lonxa, no que se presentaba o conto ‘Xela, a redeira’.
Aínda que no programa oficial do acto constaba a intervención do rexedor, esta non se levou a cabo. Tiveron a palabra a autora do conto, a presidenta da Federación Galega de Redeiras O Peirao e a propia Rosa Quintana, non cedendo a quenda de palabra a Walter Pardo como representante do pobo de
Malpica.
“É unha total falta de respecto institucional, unha ausencia de decoro e un xesto que nos parece inasumible para unha institución autonómica”, sentenciaba o rexedor, quen lembra “que aínda falta para que me substitúan no cargo e todavía nos quedan moitas horas de traballo á fronte desta institución que tanto orgullo me dá representar”.
Por parte do grupo socialista de Malpica de Bergantiños condenamos o sucedido e instamos á Xunta de Galicia a emitir un comunicado disculpándose polo feo xesto acontecido esta mañá.