Friday 22 de November de 2024

O 061 de Galicia inscribe ao ano unha media de 3.000 pacientes no Programa Alerta Corazón


O obxectivo do programa é reducir a morbi-mortalidade en pacientes que sufriron un infarto de miocardio ou unha anxina inestable

O Programa Alerta Corazón, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, coa inclusión no pasado ano de 3.969 pacientes novos, superou no 2014 os 41.000 inscritos ao programa. O obxectivo deste programa é reducir a morbi-mortalidade en pacientes que sufriron un infarto de miocardio ou unha anxina inestable axilizando a resposta da asistencia sanitaria nunha patoloxía na que cada minuto é clave para o paciente.

Calquera paciente que sufrira un infarto de miocardio ou unha anxina de peito é candidato para beneficiarse do Programa Alerta Corazón.Así no momento do alta nun hospital de rede do Sergas facilítaselle unha carpeta con toda a información que debe enviar ao 061 para ser incluído no programa.

Grazas a esta iniciativa da Consellería de Sanidade, a inclusión dos pacientes rexistrados alcanzou a cifra a finais do 2014 de 41.982 inscritos. Destacar que a media dos pacientes que se rexistran anualmente é de 3.000. Isto é posible grazas a a informaciónfacilitada polo sistema de información do Sergas queenvía ó 061 todos os meses datos de pacientes dadosde alta dos hospitais públicos galegos con diagnósticode cardiopatía isquémica.

Actividade do programa
No ano 2014, das chamadas realizadas por persoas inscritas neste programa xeraron un total de 14.108 procesos asistenciais,dos que o 20% resolvéronse sen mobilización de recursos e no 80 por cento dos casos foi necesario que algún equipo sanitario acudira ao lugar.
Así a ambulancia medicalizada de soporte vital avanzado se mobilizou en 1.305 ocasións, o helicóptero medicalizado en 44 casos, en 10.248 ocasións acudiu unha ambulancia asistencial de soporte vital básico e en 2.342 requiriuse a presenzadun médico de Atención Primaria. Ademais en 136 ocasións mobilizouse outro tipo de recurso entre o que se atopa o persoal de enfermería.

Alerta na pantalla
O programa Alerta Corazón púxose en marcha co fin de reducir o tempo de resposta dende que se produce a chamada ao 061 ata que a asistencia chega a auxiliar aopaciente. Para isto, a aplicación ACORDE (software de xestión e seguimento de incidentes da Central de Coordinación do 061) conta cun módulo que a través do número de teléfono ou cos apelidos do paciente, permite detectar de forma automática se a persoa que chama está inscrito no Programa Alerta Corazón. No caso de que así fora, aparece na pantalla informática o logotipo de Alerta Corazón, avisando de que se trata dun paciente con antecedentes de patoloxía grave ou con risco de morte súbita.

Deste xeito, no momento do interrogatorio telefónico o médico coordinador xa ten acceso aos datos do último historial clínico: diagnóstico, tratamento, antecedentes persoais ou electrocardiograma, entre outros. Estes datos transfírense dende a Central de Coordinación aos profesionais sanitarios da ambulancia medicalizada, que atenderá ao paciente se é necesario, ou ó persoal da ambulancia asistencial, dando o médico da Central as indicacións precisas aos técnicos en transporte sanitario ata a chegada o hospital.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, reforza este programa mediante cursos de formación sanitaria en reanimación cardiopulmonar básica para as persoas que conviven con este tipo de pacientes, xa que unha actuación rápida e eficaz é clave mentres chega o equipo especializado do 061.

Dende a Consellería de Sanidade quérese destacara importancia de chamar ao 061 ante a sospeita de atoparse cun paciente cunha parada cardíaca o que poda estar sufrindo un infarto de miocardio.