A previsión de choiva para a xornada de mañá, sábado 21, fixo que dende a Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), se tomase a decisión de cambia-la data da actividade infantil A pesca-la troula para o domingo 22.
Adscrita á programación da Semana do Mar, a dita proposta desenvolverase na praia dos Areos dende as 11.00 ata as 12.30 horas, e consistirá en contacontos, títeres, maxia mariñeira, contaxogos etcétera.
Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19 e requírese inscrición previa de xeito presencial no punto de información turística, situado na Casa Mariñeira. Máis información na propia oficina do turismo, mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal, ou a través dos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.