Friday 22 de November de 2024

VII Feira de Antigüidades en Miño


Do 21 ao 22 de agosto a Praza de Rabazal de Miño acollerá a sétima edición da Feira de Antigüidades, coleccionismo e vintage, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Cultural Ferro Vello.

O horario para o sábado, 21 de agosto, será de 10 a 14:30 horas e de 17 a 22 horas e para o domingo, 22 de agosto, de 10:30 a 14:30 horas e de 17 a 21 horas.

A entrada será de balde pero é obrigatorio respectar a normativa legal vixente fronte á COVID-19.