Dada a evolución favorable da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Pobra do Caramiñal, o Concello retoma a programación do Sons da Vila deste 2021. Trátase dunha proposta organizada pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa produtora Silencio Roto e pensada para as terrazas dos locais hostaleiros ao tempo que se contribúe á visibilización de grupos locais e á dinamización da vila.
Este ciclo volve neste 19 de agosto, na praza Victoriano García Martí, con Concierto Descaro e continuará nas vindeiras xornadas con Amoenus (día 20, praia da Illa); Human (día 22, Xardíns de Valle-Inclán); Mar Davila Trío (día 25, Xardíns de Valle-Inclán); Culpables (día 26, praza Victoriano García Martí); e Os Bugis (día 27, praza de Maura).
O evento concluirá no mes de setembro con Caras B (día 3, Xardíns de Valle-Inclán) e Adolfo FH (día 10, praza Paulino Santos).
Tódalas sesións comezarán ás 21.00 horas