Friday 22 de November de 2024

Cancelado o IV Gran Premio de Triatlón da Pobra do Caramiñal


Nunha reunión mantida no venres 13 entre o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo; e o presidente de Artrogal Tri498, José Riveiro; acordouse suspender o IV Gran Premio de Triatlón da Pobra do Caramiñal que estaba previsto que se celebrase no municipio no 12 de setembro. Unha decisión que se toma, principalmente, debido a que non se pode garantir o cumprimento do protocolo fronte á COVID-19 debido á natureza desta proba deportiva, ademais de que non se podía asegurar o mantemento do nivel de anteriores edicións.

Dende a entidade organizadora e o Concello lamentan os inconvenientes que esta cancelación poida ocasionar e agardan que poida ter lugar no próximo ano.