Friday 22 de November de 2024

O Concello proxecta a reforma do Centro Social das Pozacas de Cerqueda a través do Plan Único da Deputación da Coruña


• Os traballos contan cun orzamento de 36.379,90 euros.

O Concello de Malpica proxecta a reforma do Centro Social das Pozacas, en Cerqueda, cuns traballos que contarán cun orzamento base de 36.379,90 euros. Esta intervención incluirase no compendio de obras dentro do Plan Único da Deputación e que conta con financiamento provincial.

Así, contémplase a reforma da planta do edificio eliminando o escenario existente no salón de actos, a eliminación de tres aseos existentes para incorporar ao almacén adosado e o derrube de dous tabiques entre almacéns para a formación de aula.

Acondicionaranse, tamén, as dependencias que teñen humidades coa incorporación de adosado de material de pladur illante nas paredes. Cóntase que a intervención estea rematada a finalizar o ano 2021.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, sinala que “serán uns traballos que uniformarán este espazo e que as persoas usuarias poderán contar cun servizo de primeiro nivel cando poidamos reverter toda esta situación”.