Será un evento de carácter lúdico, gratuíto e non competitivo que se desenvolverá no paseo do Parrote o 18 de setembro con actividades de deporte adaptado como baloncesto, fútbol, bádminton, tenis de mes, hóckey e carreira a cegas
O Concello da Coruña organiza os Xogos da Empatía, un evento para todos os públicos que se desenvolverá no paseo do Parrote o sábado 18 de setembro a partir das 17.00 horas.
Os Xogos da Empatía é un evento de carácter lúdico e gratuíto, cuxa inscrición pódese realizar de xeito telemático. O prazo abriuse hoxe e estará dispoñible até o 15 de setembro no portal web municipal de Deportes: https://bit.ly/3mbj6Fe
O Goberno local, a través desta iniciativa, busca o fomento de valores como a empatía, o compañeirismo, o respecto e a solidariedade. Proporanse actividades de deporte adaptado como baloncesto, fútbol, bádminton, tenis de mesa, hóckey e carreira a cegas. A participación está aberta a persoas de entre 8 e 65 anos. O límite de prazas é de 200.
Ademais, o evento contará coa colaboración da asociación GRUMICO da Coruña, á que se lle realizará unha doazón en sinal de agradecemento polo seu labor.
Todas aquelas persoas participantes que completen as actividades recibirán un diploma conmemorativo da primeira edición dos Xogos da Empatía 2021.
Así mesmo, todas as e os participantes deberán seguir o protocolo COVID, que será publicado unha semana antes do evento. A organización resérvase o dereito á súa suspensión se a situación sanitaria do momento así o recomenda.