Trátase dunha escola que impartirá diversas especialidades entre as que destacan boxeo sen contacto, full contact, Kick Boxing, boxeo infantil…
O ximnasio municipal do CEIPWencreslao Fernánez Flórez albergará a partir de marzo a nova “Escola de Boxeo Xesús Ferreiro “Cachorro”. Trátase dunha escola que impartirá diversas especialidades entre as que destacan boxeo sen contacto, full contact, Kick Boxing, boxeo infantil, e outras artes de defensa relacionadas co boxeo. Estará aberta a todas as idades e destaca a escola de iniciación sen contacto para pequenos. As clases de iniciación infantil impartiranse os venres de 16.30 horas a 17.30 horas e o para resto das idades os horarios establecidos serán de 21.30 horas a 23.00 horas. O alcalde deCambre, Manuel Rivas, destacou a importancia de ter un deportistaprofeisonal de tan alto nivel en Cambre e considera “unha oportunidade para moitos mozos amantes deste deporte que poidan gozar da sabedoría e consello de Xesús”. Pola súa banda, Xesús Ferreiro, destacou que é un proxecto “ilusionante” que dende o principio quixo levar a cabo en Cambre, lugar onde reside, e que espera consolidar a longo prazo.
Todos aqueles interesados na nova escola pódense dirixir ao propio centro no que se imparten as clases ou chamando o teleéfono de contacto: Tf. 636 554 792- escoladeboxeoxesusferreiro@gmail.com
TRAXECTORIA -Xesús Ferreiro “Cachorro”
Subcampeon de España júnior boxeo afeccionado peso Medio.
Campión de España júnior de boxeo amateur peso Semi-Pesado.
Medalla de prata no Boxam de lanzarote peso Semi-pesado.
Campión de España senior de full contact peso Semi-pesado.
Medalla de bronce no Bozam de vigo peso Semi-pesado.
Campión de España profesional full contact peso Semi-pesado.
Campión de España profesional boxeo peso semi-pesado
Bicampeón de España de boxeo profesional peso súper medio