As visitas guiadas “Camiño branco de Rosalía” da compañía teatral Os Quinquilláns por Padrón, están tendo moi boa acollida, cubrindo o aforo nas primeiras visitas.
O espectáculo “Camiño branco de Rosalía” en memoria do poema “Camino blanco, viejo camino, permite aos visitantes coñecer as figura de Rosalía de Castro, mentres percorren todo o casco de Padrón.
A actividade ten lugar os mércores e venres ás 12 h, con saída dende o Fondo da Vila e chegada ao Paseo do Espolón.
A asistencia é de balde pero o número de prazas está limitado a 20 persoas por quenda, polo que é preciso reservar entrada en turismo@padron.gal ou no teléfono 646 593 319.