Friday 22 de November de 2024

O dúo Arizona Baby estará en Cariño este sábado, 21 de agosto, ás 21 horas


• O concerto celebrarase na Praza do Campín e a asistencia é gratuíta pero hai que reservar entrada en www.reservas.gal

A Praza do Campín do Concello de Cariño acollerá este sábado, 21 de agosto, a partir das 21 horas o concerto do dúo valisoletano ‘ Arizona Baby’, que ofrecerá unha selección das súas composicións máis destacas. A entrada é gratuíta pero é necesario reservar previamente o asento na web www.reservas.gal.
Arizona Baby marcou un antes e un despois na música española cun inconfundible selo: austeridade sonora e filosofía básica, inauguraron o neofolk acústico, a imaxe barbuda e deron un revolcón ao indie- roc, patrio co seu fulminante despegamento, sendo grupo revelación en 2010. Desde entón non pararon: premios, recoñecementos críticos e xiras en España así como en Grecia, Estados Unidos, Reino Unido, Hungría, Alemaña, México e Albania.