Friday 22 de November de 2024

O servizo Liña Verde do Concello de Oroso atendeu un total de 147 consultas nos seus seis primeiros meses operativo


A maioría das comunicacións están relacionadas con parques e xardíns, seguidas por alumeado, mobiliario urbano e beirarrúas

O servizo Liña Verde do Concello de Oroso atendeu un total de 147 consultas de veciños e veciñas do municipio nos seus primeiros seis meses operativo, o que demostra a boa acollida que tivo entre a veciñanza. Un servizo que permite que os veciños e veciñas de Oroso poidan comunicar calquera incidencia que observen no equipamento urbano e resolver consultas medio ambientais, favorecendo así un desenvolvemento sostible no municipio.

A maioría destas comunicacións estiveron relacionadas co ámbito de parques e xardíns, seguidas de alumeado público, mobiliario urbano e estado de beirarrúas e calzadas. Desas 147 comunicacións, o 100% recibiron unha resposta inmediata, máis do 75% xa foron solucionadas satisfactoriamente e o resto está en tramitación, ben porque se presentaron recentemente, ben porque o seu prazo de execución é máis longo.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, amósase moi orgulloso dos resultados obtidos ata o momento e agradece a participación cidadá, “pois e demostra a implicación e o interese da veciñanza polo seu municipio”. De feito, en todos os “Encontros co alcalde” Manuel Mirás fai fincapé na utilidade do Liña Verde á hora de poder comunicar calquera das incidencias que lle trasladan durante as reunións.

Utilización

O servizo de Línea Verde implantouse en Oroso no verán de 2014 e está accesible a través da páxina web municipal (www.concellooroso.com). Para utilizar o servizo a través do Smartphone ou tableta, basta con descargar a aplicación Línea Verde. Para elo o usuario conectase a Play Store ou APP Store e, dunha forma sinxela e intuitiva, descarga a aplicación. Unha descarga que é completamente gratuíta.

Unha vez aberta a aplicación no dispositivo móbil, o usuario pode plantexar consultas ou comunicar unha incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo. Para comunicar unha incidencia, basta con seleccionar o tipo de categoría. Por xeolocalización, a APP Línea Verde encargase de detectar de forma automática as coordenadas exactas nas que se ubica a mesma. Posteriormente, pódese axuntar unha fotografía da incidencia cunha breve descrición.

Unha vez enviada, o responsable nomeado polo Concello de Oroso recibe notificación da mesma. A partir deste momento inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán coñece en todo momento o estado no que se encontra a súa consulta grazas ás notificacións que recibe no seu dispositivo móbil. Este servizo, ademais de implicar o cidadán na consecución dun municipio máis sostible, facilita en gran medida a xestión diaria dos responsables do propio Concello de Oroso. Ademais de axilizar os tempos de reacción, da a coñecer situacións de mellora que de non ser pola colaboración cidadá, o propio Concello non tería constancia.

Consultas

Para poder resolver calquera consulta a nivel medioambiental, tamén se pode acceder a web www.lineaverdeoroso.com. A través deste dominio, o cidadán pode plantexar calquera consulta medioambiental en un prazo máximo de 24h terá resposta por un equipo de expertos na materia. Neste enlace, tamén existe unha ampla información de consulta sobre guía de boas prácticas, recursos de educación ambiental, lexislación básica, noticias ambientais etc… Un extenso contido personalizado do propio municipio.

Línea Verde alzouse co Premio CONAMA 2014 en Sostenibilidade nos municipios de entre 5.000 a 30.000 habitantes. O ano pasado tamén obtivo o Premio de Calidade 2013 na categoría de Desarrollo Urbano Saludable e Sostible outorgado pola Rede Española de Cidadáns Saludables ( RECS) e o Premio Ecovidrio de Maior Impacto Cidadá.