Friday 22 de November de 2024

As localidades para os concertos da Semana Clásica en María Pita están dispoñibles na web municipal agás para o de James Rhodes


No recital do pianista o día 19 de agosto, haberá unha persoa intérprete da linguaxe de signos, nesa aposta pola inclusión do Goberno de Inés Rey

As entradas para os concertos da Semana Clásica na praza de María Pita están dispoñibles na plataforma municipal de ticketing, https://www.coruna.gal/mariapita2021/gl, agás para o de James Rhodes que se
esgotaron ao longo desta mañá. Deste xeito, as persoas interesadas poderán reservar asento para os recitais da Orquesta de Cámara Galega o día 18, da Orquestra Gaos (20 de agosto), da Orquestra Xove da OSG (21 de agosto) e o que dará a Banda Municipal con Abraham Cupeiro o día 22. No recital de James Rhodes o día 19, o pianista contará cunha persoa intérprete da linguaxe de signos para as súas presentacións, nesa aposta do Goberno de Inés Rey pola inclusión.

Nas citas, gardaranse medidas estritas de seguridade coa obriga de usar máscara durante o concerto e coas cadeiras separadas e xel hidroalcólico ao dispor do público. As persoas con invitación poderán entrar desde unha hora antes do inicio cada evento e a falta de quince minutos para que comecen, cubriranse as prazas baleiras coas persoas que se acheguen até o acceso.