Venres 13 de agosto: presentación do libro ‘Antoloxía de artigos Julio Dávila Díaz’ ás 20:30 horas no Teatro de Beneficencia a cargo de José Manuel Suárez Sandomingo. No encontro tamén intervirán Laureano García e Laureano Dávila. O aforo será limitado atendendo aos protocolos anticovid.
Sábado 14 de agosto: Comezo do ciclo ‘ Seráns non claustro’ nos xardíns do claustro do Concello ás 20:30 horas co concerto de Aló Django e Handle With Swing. Acceso gratuíto con aforo limitado atendendo aos protocolos covid. Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos ‘ manouche’ centroeuropeos.