• Laxe apraza os actos festivos desta fin de semana por motivo da alta incidencia de Covid-19.
O departamento Sanitario da Xunta de Galicia informou de que este sábado o concello de Laxe pasará a formar parte dos incluídos en nivel alto, incrementando notablemente as restricións, e imposibilitando que todos os veciños e veciñas poidan gozar dunha fin de semana cargada de actividades, como eran o “Concerto con Caamaño & Antia Ameixeiras, este sábado 14 e coa Charanga Colexiata do Sar que estaba programada para este domingo 15”, que quedarán pospostas ata poder realizalas con seguridade.
Para o Goberno prima a seguridade dá veciñanza, e espera e desexa que en breve póidase retornar á normalidade, e agora máis que nunca fan seus o lema de “ SENTIDIÑO” co que piden a todos e a todas a máxima responsabilidade.
O grupo de Goberno esta a a expectativa dos resultados dos cribados que se están realizando no día de hoxe, e que lles dará un resultado máis preciso de afectados no municipio por Covid-19, cos cales se poderán marcar as pautas de actuación desde o consistorio nos vindeiros dias.