Friday 22 de November de 2024

O Concello manifesta o seu desacordo coa nova normativa de Portos para a pesca recreativa


· Sandra Insua púxose hoxe en contacto co patrón maior, Ramón Lema, para comezar a enfocar as alegacións que se presentarán.

· Unha das solicitudes será que se amplíe a zona de pesca recreativa á rampla do Club Náutico e pola Lonxa Vella.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, manifestou hoxe o desacordo do Concello coa nova normativa publicada por Portos de Galicia para regular a pesca recreativa nas dársenas da comunidade.

Fíxoo tras poñerse en contacto co patrón maior de Camariñas, Ramón Lema Romero, onde repasaron os requisitos que se incorporan no texto para poder exercer a pesca recreativa e que consideran “fóra de lugar”.

Ademais, comezaron a enfocar as alegacións que presentará o Concello, consensuadas coa confraría, que se redactarán e presentarán nos próximos días e entre as que se incluirá a solicitude de que se amplíe a zona de pesca recreativa á rampla do Club Náutico e tamén pola Lonxa Vella.