Saturday 16 de November de 2024

Éxito de participación no curso ‘Unha semana de cociña nas parroquias’


Preto dun centenar de residentes nos núcleos rurais de Ordes participarán dende o próximo martes nesta iniciativa desenvolvida polo Concello

Finalmente hai que falar de éxito de convocatoria no caso do curso ‘Unha semana de cociña polas parroquias’, organizado polo Concello de Ordes. Durante unha semana preto dun centenar de residentes dos núcleos rurais do municipio poderán adquirir coñecementos, descubrir trucos e aprender a elaborar distintas receitas con carnes, peixes e todo tipo de alimentos. Por suposto no programa tamén se inclúen sobremesas e pratos típicos do receitario da zona.
As clases serán impartidas a partir do vindeiro martes día 24 polo cociñeiro Manuel Iglesias Vieites. O punto de encontro serán os locais e espazos sociais situados nas parroquias de Ardemil (A Baixa), O Mesón do Vento, Leira, Buscás, Pereira, Beán, Mercurín e Parada. O dito curso terá lugar durante dous días da semana, martes e sábado, de 20 a 22 horas e de 11 a 13 horas respectivamente.