Saturday 16 de November de 2024

Política Social participa no inicio das actividades do Campo de Voluntariado de Rois dedicado a investigar e poñer en valor o Castro de Lupario


Nesta iniciativa realizan actividades como tiro con arco, obradoiros tradicionais con clases de cerámica e barro ou excursións a Santiago de Compostela

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe aos participantes do campo de voluntariado Castro do Lupario coincidindo co primeiro día do traballo que está centrado na arqueoloxía e onde están a realizarse as primeiras labores de escavación, prácticas de limpeza ou siglado. Esta actividade ten o obxectivo de involucrar a un grupo de 12 persoas na consolidación e no coidado da natureza para poñer en valor o seu castro.

Ademais das actividades arqueolóxicas, neste programa tamén se levan a cabo outras iniciativas, como as xornadas de multi-aventura con tiro con arco, os obradoiros tradicionais con clases de cerámica e barro, ou as visitas a Santiago de Compostela e os percorridos polos currunchos de Rois, entre outras propostas.

Cristina Pichel puxo en valor a importancia que teñen este tipo de actividades que se levan a cabo a través das propostas estivais organizadas pola Xunta de Galicia e que teñen como finalidade a conservación do medio ambiente e que axudan a revalorizar a riqueza natural da nosa comunidade.