Regulará a confluencia desta arteria principal coa rúa Canarias e coa rúa Mariño de Rivera
Hoxe reuniuse a mesa de contratación e a empresa Automatismo y Control de Tráfico, S.L.U., resultou a mellor clasificada no proceso para o subministro e instalación de sinalización semafórica na avenida Miguel Rodríguez Bautista en Santa Uxía de Riveira, nas interseccións coas rúas Mariño de Rivera e Canarias.
A entidade presentou unha proposta na que o prezo total ofertado ascendeu a 64.006,58 euros. O prazo de execución da instalación son 15 días. Había catro empresas aspirantes.
Invidentes
Os elementos a colocan van contar cun sistema de iluminación de tecnoloxía led, cumprindo as especificacións do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE). Ao igual que os xa existentes no Malecón, tamén van estar adaptados a invidentes.
Esta actuación segue as directrices do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, un documento dirixido a mellorar que se adscribe ao Proxecto Riveira Atlántica 2015, cofinanciado nun 70% con fondos europeos FEDER.