Saturday 16 de November de 2024

Ordes prepárase para vivir a festa do Entroido co seu Sábado de piñata


O desfile dará comezo a partir das 17 horas e rematará no Campo da feira, onde terá lugar o concurso no que participarán xentes da comarca e de puntos como Santiago, Arteixo, Ames, A Laracha, Pontevedra, Carral ou Melide
Ordes 20 febreiro 2015. O Concello de Ordes xa ten todo preparado para vivir unha das fins de semana máis festivas do calendario coa celebración do Sábado de piñata. A partir das 17 horas dará comezo o desfile polas principais rúas do pobo ata rematar no Campo da feira, onde terá lugar o concurso.
Este ano hai que falar de preto de medio cento de inscricións entre as categorías individuais, comparsas e carrozas, chegadas de distintos puntos da comarca e doutros lugares como Santiago, Arteixo, Ames, A Laracha, Pontevedra, Carral ou Melide. En total repartiranse máis de 4.000 euros entre os gañadores. Como nos outros anos o Concello agarda a presenza de milleiros de persoas que acudirán en busca de festa e diversión.

Por mor da celebración dende as 16 ata as 19 horas excluirase o tráfico da N-550, desviándoo ao longo dos seguintes tramos:
• Sentido Santiago-A Coruña:
– Rúa Alfonso Senra (N-550), Rúa Lagartos, Rúa Prolongación Lagartos, Rúa Galicia, Rúa Camposanto, Rúa Casabella, Rúa Alfonso Senra (N-550).

• Sentido Santiago-A Coruña por Rolda Leste (Itinerario recomendado usuarios en tránsito).

• Sentido A Coruña-Santiago:
– Rúa Alfonso Senra (N-550), Rúa Rosalía de Castro, Rúa Lagartos, Rúa Alfonso Senra (N-550).

• Sentido A Coruña-Santiago por Rolda Leste (Itenerario recomendado usuarios en tránsito).

• Emprazamento zona excluída o tráfico polo corte Rúa Alfonso Senra (N-550):
– Dende o cruce principal, intersección Alfonso Senra (N-550), Rúa Recreo, Rúa Lagartos ata intersección Alfonso Senra (N-550) con Rúa Rosalía de Castro.