• O alcalde José Luís anima aos mozos a realizar este cribado para descartar posibles contaxios, diante a alarmante subida de casos nos últimos días.
Tras o positivo en Covid-19 detectado nun dos socorristas de Laxe, o rexedor estivo intranquilo á vez que
preocupado, con posibles incrementos en positivos dos mozos da Vila, estando constantemente en comunicación cos técnicos sanitarios e vendo día a día como ían crecendo aos poucos os positivos, que no día de hoxe alcanzaron xa 24, algo máis que preocupante, porque Laxe é unha zona turística, e moitas familias viven dos ingresos xerados nestas épocas estivais.
O alcalde de Laxe José Luís Pérez púxose en contacto cos responsables sanitarios da Xunta de Galicia, para que este xoves realicen un cribado masivo entre os mozos da poboación que nestes momentos están a ser os máis prexudicados.
Con isto o alcalde anima a todos estes mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 aos 25 anos que non dubiden en acudir á chamada destes cribados, para a súa tranquilidade e a de todos os seus
achegados, José Luís lembra que moitos novos son asintomáticos e que inconscientemente estenden o virus sen intención, por este motivo recalca a importancia de acudir ás mensaxes que recibirán do SERGAS para someterse a estas probas que terán lugar este xoves día 12 no centro de saúde.