A pandemia incrementou as solicitudes de acompañamentos para a xestión de recursos administrativos.
A área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI presenta un balanzo sobre os servizos prestados a persoas con discapacidade e familias durante os sete primeiros meses do ano.
Dende que inicio esta situación de pandemia, coa consecuente saturación de demandas nos Servizos Sociais Comunitarios, as persoas con discapacidade e familias incrementaron a súa asistencia a COGAMI demandando apoios como o acompañamento para realizar xestións de recursos na Administración.
Coa escasa atención presencial, cada vez é máis necesario tramitar telematicamente dende a solicitude de citas ata a realización das propias xestións administrativas pero, non todas as persoas están formadas en competencias dixitais, quedando constancia da existencia da fenda dixital. No que levamos de ano, foron 342 as xestións de recursos realizadas por COGAMI, superando as de anos anteriores por estas datas.
Tamén se levan realizados 235 proxectos de intervención nos que se atenderon a un total de 226 persoas, sendo 156 mulleres con discapacidade. Estas actuacións realizadas con mulleres procuran diminuír a existencia continuada de discriminación e prexuízos inxustificados e invisibilizados que as privan da oportunidade de exercer os seus dereitos en igualdade de condicións, como tamén se realiza un acompañamento ás vítimas de violencia por atoparse nunha maior situación de vulnerabilidade.
A área de Promoción da Autonomía Persoal, para poder levar a cabo o traballo que realiza para promover o cambio social e a independencia das persoas, recibe financiamento por parte da administración pública a cada un dos programas que presta. Como exemplo, a través da Secretaría Xeral de Igualdade cofinancia co Fondo Social Europeo o Servizo de Atención Especializado á Muller e a través dos fondos do 0,7% do IRPF que xestiona a Consellería de Política Social desenvólvese o programa Activa-das de empoderamento das mulleres con discapacidade, a Deputación de Pontevedra financia o programa Activando o rural co empoderamento das mulleres con discapacidade e o concello de A Coruña apoia o Servizo de atención especializada á muller con discapacidade