Saturday 16 de November de 2024

Dezaseis peregrinos visitan o Pico Sacro


Un total de 16 peregrinos da Asociación Camino Universal visitaron Boqueixón, este venres pasado, no seu camiño cara a Santiago, pola Vía da Prata.

Os e as participantes, de diferentes partes de España, acompañadas pola técnica de Turismo do concello, realizaron unha visita polo Pico Sacro, as covas do Pico, a rúa da Raíña Lupa e a Capela de San Sebastián.

A Asociación Camino Universal sempre realiza unha parada obrigada en Boqueixón cada vez que realiza o Camiño de Santiago, sabendo que dende a súa cima pódese pódese gozar das vistas que levan a descubrir as torres da Catedral.

Durante o desenvolvemento da actividade respectáronse as medidas hixiénico-sanitarias, facendo uso obrigatorio das máscaras, así como manter o distancia de seguridade.