Centos de veciños e veciñas da parroquia de Restande (Trazo) celebraron este domingo a tradicional Festa da Corrida do Galo. Moitos dos veciños acudiron ao campo da festa cos seus distintos disfraces e disfrutaron dunha gran festa de entroido con xogos e moita diversión. Tamén houbo servizo de polbeira.