Friday 22 de November de 2024

Política Social pon en marcha o primeiro campo de voluntariado itinerante no Camiño Portugués


– Entre as actividades deste campo desenvolto entre Tui e Santiago de Compostela, atópase o plogging, unha modalidade deportiva nórdica onde se mestura o running coa recollida do lixo do medio natural

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañado do delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, visitou hoxe o campo de voluntariado Botarse ó Camiño, o primeiro itinerante desenvolto entre Tui e Santiago de Compostela. Esta actividade está centrada en informar e dinamizar medioambiental e socialmente o Camiño Portugués. Pichel coñeceu aos participantes desta actividade e acompañounos durante as distintas actividades realizadas hoxe e subliñando a importancia destas iniciativas dedicadas a protexer o medio ambiente.

Nesta actividade participan un grupo 12 persoas, que actualmente atópanse en Pontevedra pero que continuarán as súas próximas actividades en Caldas de Rei, Padrón rematando na cidade compostelá. En Botarse ó Camiño realízanse diferentes actividades como o plogging, unha innovadora modalidade deportiva de orixe nórdico que mestura o running coa recollida de lixo do medio natural. Ademais, prestan apoio aos peregrinos para informarlles de calquera dúbida do camiño. Neste senso, tamén están a elaborar informe con distintas propostas de mellora para a conservación do Camiño.

Cristina Pichel puxo en valor a variedade de propostas estivais postas en marcha pola Xunta de Galicia, que axudan a revalorizar a riqueza natural da nosa comunidade galega, ademais de xerar concienciación da importancia de manter o noso medio ambiente a salvo.