O Concello de Touro continúa coa súa labor de concienciación en materia de igualdade. Hoxe, día 5 de agosto de 2021, na celebración da Feira do Emigrante en Fonte Díaz, sacou á rúa un posto informativo: Feminismo ao pé da rúa. O posto instalouse no Campo da Feira, entre as 10.00 e as 13.00 horas, para informar á veciñanza de Touro sobre os valores da igualdade e, ao mesmo tempo, sensibilizar á cidadanía sobre a situación actual neste ámbito.
No posto instalado polo Concello de Touro leváronse a diante diversas actividades que promoveron a equidade de xénero, como a realización dunha enquisa, a aportación de datos actuais, a mostra de literatura, entre outras. Todas estas accións buscaron da participación de todas as persoas que quixeran afondar en cuestión de igualdade, corresponsabilidade, educación ou conciliación. Os interesados tamén poideron elaborar unha chapa na que se sinala o compromiso para fomentar a igualdade.