Friday 22 de November de 2024

A xestión cultural no escenario pospandemia a debate nunha webinar da EMCO


· Poderá seguirse mañá, 6 de agosto, desde as 20:00 horas nas canles de Youtube, Facebook e Twitch da Escola de Música Concello de Ortigueira.

· Ademais desta conferencia, a EMCO ofrecerá ás entidades culturais de Ortigueira consultorías gratuítas sobre xestión cultural e creación de proxectos.

A Escola de Música Concello de Ortigueira ( EMCO) organiza para mañá, 6 de agosto, unha webinar na que se abordará a transformación do modelo cultural no escenario de pospandemia. A conferencia será ás 20:00 horas nas canles de Youtube, Facebook e Twitch da escola, aos que poderá acceder calquera persoa interesada.

A través desta iniciativa, ábrese un espazo de debate para músicos e persoas pertencentes a asociacións culturais da comarca de Ortegal, que poderán interactuar en directo co relator da conferencia a través dos comentarios das diferentes plataformas nas que se realizará o streaming.

Carlos Diéguez, director da Escola de Música Concello de Ortigueira, con ampla experiencia no mundo cultural, será o relator desta conferencia, na que, a través dunha análise, tanto histórico como de actualidade, abordaranse cuestións de xestión cultural en materia organizativa, de planificación, de proxectos ou de construción de novas audiencias.

Para dar continuidade a este relatorio e facela o máis eficiente e útil para as organizacións culturais, a escola ofrecerá posteriormente a posibilidade de que músicos e músicas e asociacións culturais de Ortigueira poidan realizar consultorías sobre estas materias con Diéguez.

Uns encontros que, ademais, tamén pretenden crear sinerxias entre a escola e as diferentes entidades culturais do termo municipal, co obxectivo de seguir colaborando para desenvolver novos proxectos.

Para solicitar @gratuitamente a consultoría, as persoas interesadas deberán comunicalo a través do correo escolademusica@concellodeortigueira.com.

Link da webinar en Youtube: https:// youtu. be/ M1 osTk_ wd8