Un total de 10 veciños e veciñas realizaron este domingo unha andaina pola Ruta dos Pescadores, dentro do programa “Descrubre Boqueixón”, posto en marcha polo concello co fin de coñecer o patrimonio local.
As persoas participantes, acompañadas pola técnico de Turismo do Concello, iniciaron o itinerario dende a Ponte Ledesma. Tras visitar a Ponte Vella e as Ínsuas de Gres, continuaron por unha antiga ruta de Pescadores e continuaron pola senda, caracterizada por ter unhas vistas de gran beleza, ata a parroquia de Donas.
Durante o desenvolvemento da actividade, respectáronse as medidas hixiénico-sanitarias, facendo uso obrigatorio das máscaras, así como manter o distancia de seguridade e a limpeza de mans.
“Descubre Boqueixón” é un programa de visitas guiadas de balde a distintos puntos de interese turístico do municipio, que pode realizarse calquera día da semana. Para participar, as persoas interesadas deben inscribirse previamente a través do e-mail boqueixonturismo@gmail.com ou do teléfono 981 513 061.