• A corporación local deulle luz verde ao acordo no pleno ordinario do pasado 29 de xullo.
• Os proxectos, enmarcados dentro do POS+2021 da Deputación da Coruña, inclúen a mellora da estrada entre Campelo e Barizo, tres camiños e a renovación do parque infantil de Buño.
O Concello de Malpica aprobou no pasado pleno ordinario do 29 xullo un suplemento de crédito de 71.784,82 euros co que financiar a mellora da rede de infraestruturas municipal.
Deste xeito, o goberno local destinará parte do remanente de tesourería do ano 2020 para sufragar catro proxectos incluídos no POS+2021 da Deputación da Coruña.
En concreto, neste suplemento inclúense 20.000 euros para a mellora do camiño da Besugueira na parroquia de Barizo; 30.000 euros para a renovación da capa de rodamento nun camiño na Raxeira e outro entre Cambre e Pedrosa; 11.784,82 euros destinados ó arranxo da estrada entre Campelo e Barizo; e outros 10.000 euros para renovar o parque infantil de Buño.
Aprobación de festivos locais
Nesa mesma sesión plenaria tamén se aprobou a proposta de días de festa locais para o ano 2022. Neste caso, a veciñanza de Malpica contará co 7 de xaneiro (San Xulián) e o 26 de agosto (Festa do Mar) como festivos.